E por fin, en primicia... a curta que as rapazas do Club do Antifás de 4º fixeron para este Proxecta!!! Traballo que debemos en gran medida a Sofía Otero e en grandísima media á directora Marina Ramallo. Que pena perdervos para o ano, rapazas!!!
venres, 23 de xuño de 2017
mércores, 21 de xuño de 2017
Visita a Braga
Xunto a rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO o luns 19 de xuño fomos a Braga e fixemos unha breve pero intensa parada para visitar os monumentos máis importantes desta fermosa cidade, cidade que fora capital da Gallaecia e na que o Arzobispo Xelmírez executara o seu "Pío Latrocinio". Este é un dos personaxes fundamentais da curta que estamos preparando para falar da Ruta Translatio. Pronto saberedes máis!
luns, 12 de xuño de 2017
Fotos da Ruta Translatio
luns, 29 de maio de 2017
Preparamos a Translatio
O vindeiro martes 30 recrearemos parte do camiño que supostamente fixeron os restos do Apóstolo Santiago, de acordo co que conta o Códice Calixtino.
Partiremos de Cabo de Cruz en barco e pararemos na Illa de Cortegada, onde nos farán unha visita guiada de contido histórico e biolóxico. Iremos logo ás Torres de Catoira e fondearemos, finalmente, en Pontecesures. Desde alí camiñaremos a Iria Flavia.
O noso obxectivo é facer unha revisión crítica desta peregrinación e gravar cinco pequenas pezas documentais que fagan que o alumnado reflexione sobre este tipo de lendas. Velaiquí o tríptico que elaboramos para a saída.

mércores, 17 de maio de 2017
Letras Galegas e Translatio
Dentro dos actos das Letras Galegas temos unhas olimpiadas virtuais nasa que hai videoxogos, booktrailers, contacontos... A temática deste ano é dobre: Carlos Casares (vida e obra) e Ruta Translatio.
A páxina do concurso de videoxogos, que se lanzou a toda Galicia, é STARgal. Nela atoparedes os xogos elixidos para concursar e os centros gañadores.
Aquí vos deixamos algunha foto da xornada.
A páxina do concurso de videoxogos, que se lanzou a toda Galicia, é STARgal. Nela atoparedes os xogos elixidos para concursar e os centros gañadores.
Aquí vos deixamos algunha foto da xornada.
martes, 21 de febreiro de 2017
Comezamos a programar
O alumnado de 2º, 3º e 4º de Tecnoloxía comezou a traballar nos videoxogos sobre a Ruta Translatio. Coordinan a actividade: Javier Bao (Matemáticas), Flor Domínguez e Ana Moreiras (Tecno).
martes, 7 de febreiro de 2017
Repensando o Códice Calixtino
Xunto a un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO estamos creando unha moi personal revisión do Códice Calixtino. Partindo da historia de Anastasio e Casilda, unha parella que deciden facer a ruta Translatio, elaboramos unha guía, a modo do Libro V, onde describimos distintos aspectos dela: xentes, costumes, gastronomía, paisaxes... Toda a información pode verse cos códigos QR.
Obradoiro códice |
mércores, 18 de xaneiro de 2017
Xa botamos a andar
Onte tivemos a nosa primeira xuntanza presencial. Nela fomos debullando os distintos microproxectos que formarán parte do noso macroProxecto-Proxecta interdisciplinar "Mirando polo Camiño". Unha mirada laica, innovadora, motivadora e integradora. Iremos dando conta de todo o proceso creativo e seguiremos a singradura de Kavafis:
[...]
Chegar alí é o teu destino.
Mais non apresures nunca a viaxe.
Mellor que dure moitos anos
e atracar, vello xa, na illa,
enriquecido de canto gañaches no camiño
sen agardar a que Itaca te enriqueza.
[...]
Mais non apresures nunca a viaxe.
Mellor que dure moitos anos
e atracar, vello xa, na illa,
enriquecido de canto gañaches no camiño
sen agardar a que Itaca te enriqueza.
[...]
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)