venres, 23 de xuño de 2017

A curta da Ruta Translatio

E por fin, en primicia... a curta que as rapazas do Club do Antifás de 4º fixeron para este Proxecta!!! Traballo que debemos en gran medida a Sofía Otero e en grandísima media á directora Marina Ramallo. Que pena perdervos para o ano, rapazas!!!

mércores, 21 de xuño de 2017

Visita a Braga

Xunto a rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO o luns 19 de xuño fomos a Braga e fixemos unha breve pero intensa parada para visitar os monumentos máis importantes desta fermosa cidade, cidade que fora capital da Gallaecia e na que o Arzobispo Xelmírez executara o seu "Pío Latrocinio". Este é un dos personaxes fundamentais da curta que estamos preparando para falar da Ruta Translatio. Pronto saberedes máis!






luns, 12 de xuño de 2017

Fotos da Ruta Translatio

Aquí vos deixamos unha testemuña desta simpática viaxe da que agardamos salla un documental interactivo!
Ruta Translatio(30 maio 2017)