Sociais

O alumnado de 2º da ESO buscou e procesou información acerca da Ruta da Translatio, da lenda do Apóstolo Santiago e da historia e cultura de Boiro, para, posteriormente, elaborar  xogos, presentacións e vídeos utilizando diferentes aplicacións didácticas. 




  • APOSTOLEANDO: Utilizando a aplicación "gamemakery", elaboramos un xogo de preguntas e respostas sobre a Ruta da Translatio, a lenda do Apóstolo Santiago e a historia de Boiro. Canto sabes?

  • NAVEGACIÓN TRADICIONAL: A pesca en Galicia é un sector moi tradicional, como reflicte a gran cantidade de embarcacións que podemos atopar ao longo de toda a súa costa. O alumnado, utilizando a aplicación de infografías "CANVA" e outra de códigos QR, elaboraron un cartel con algunhas das embarcacións máis importantes. Por medio do enlace, accederás á páxina e poderás descargar o PDF. 


  • SORRÍ Á CÁMARA!!!: o alumnado participante neste programa, realizou unha visita arqueolóxica na zona do Barbanza. Varias das fotos da visita utilizámolas para elaborar un pequeno vídeo de 30 segundos coa aplicación "ANIMOTO".







Ningún comentario:

Publicar un comentario