Lingua Galega


A ARQUITECTURA POPULAR GALEGA

A nosa primeira actividade dende o Departamento de Lingua Galega e Literatura centrouse no estudo da arquitectura popular galega que se pode atopar ao longo da ruta translatio. Falamos de hórreos, muíños de auga, de vento, lavadoiros, pombais, fontes, cruceiros...
O alumnado de 2º ESO tivo que investigar sobre algunha destas mostras de arquitectura e realizar un texto expositivo sobre ela. Deste xeito, na nosa materia traballamos o texto expositivo e descritivo. Asemade, en coordinación co departamento de Tecnoloxía, os traballos debían incluír vocabulario relativo aos materiais empregados (pétreos, madeira, metais.. tipos e subtipos) e tamén ás ferramentas utilizadas neste tipo de construcións.
Finalmente, os alumnos e alumnas realizaron varias exposicións orais nas que falaron dos traballos realizados e que constituíron a proba oral da materia na 1ª avaliación.

Velaquí deixamos algunhas presentacións e vídeos








Os hórreos




GUÍA DE LECTURA SOBRE O LIBRO "AS MEIGAS DE LUPA" DE MARÍA SOLAR

Esta guía de lectura foi realizada polo alumnado de 1º de ESO, grupo D, durante o 3º trimestre.  A través dela traballáronse moitos dos estándares de aprendizaxe planificados para a 3ª avaliación e unha boa parte das actividades que aparecen aquí foron, de feito, probas avaliables:  de expresión escrita, de comprensión lectora, de competencia dixital, de educación literaria e de expresión oral. Tanto o alumnado como a profesora que liderou este proxecto estamos moi satisfeitos co traballo realizado.
 Esperamos que vos guste!!

As meigas de Lupa. Unha guía de lectura diferente

Ningún comentario:

Publicar un comentario