martes, 21 de febreiro de 2017

Comezamos a programar

O alumnado de 2º, 3º e 4º de Tecnoloxía comezou a traballar nos videoxogos sobre a Ruta Translatio. Coordinan a actividade: Javier Bao (Matemáticas), Flor Domínguez e Ana Moreiras (Tecno).

martes, 7 de febreiro de 2017

Repensando o Códice Calixtino

Xunto a un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO estamos creando unha moi personal revisión do Códice Calixtino.  Partindo da  historia de Anastasio e Casilda, unha parella que deciden facer a ruta Translatio, elaboramos unha guía, a modo do Libro V, onde describimos distintos aspectos dela: xentes, costumes, gastronomía, paisaxes... Toda a información pode verse cos códigos QR.
Obradoiro códice





                                                                 



mércores, 18 de xaneiro de 2017

Xa botamos a andar

Onte tivemos a nosa primeira xuntanza presencial. Nela fomos debullando os distintos microproxectos que formarán parte do noso  macroProxecto-Proxecta interdisciplinar "Mirando polo Camiño". Unha mirada laica, innovadora, motivadora e integradora. Iremos dando conta de todo o proceso creativo e seguiremos a singradura de Kavafis:

[...]
Chegar alí é o teu destino. 
Mais non apresures nunca a viaxe. 
Mellor que dure moitos anos 
e atracar, vello xa, na illa, 
enriquecido de canto gañaches no camiño 
sen agardar a que Itaca te enriqueza.
[...]