O vindeiro martes 30 recrearemos parte do camiño que supostamente fixeron os restos do Apóstolo Santiago, de acordo co que conta o Códice Calixtino.
Partiremos de Cabo de Cruz en barco e pararemos na Illa de Cortegada, onde nos farán unha visita guiada de contido histórico e biolóxico. Iremos logo ás Torres de Catoira e fondearemos, finalmente, en Pontecesures. Desde alí camiñaremos a Iria Flavia.
O noso obxectivo é facer unha revisión crítica desta peregrinación e gravar cinco pequenas pezas documentais que fagan que o alumnado reflexione sobre este tipo de lendas. Velaiquí o tríptico que elaboramos para a saída.
luns, 29 de maio de 2017
mércores, 17 de maio de 2017
Letras Galegas e Translatio
Dentro dos actos das Letras Galegas temos unhas olimpiadas virtuais nasa que hai videoxogos, booktrailers, contacontos... A temática deste ano é dobre: Carlos Casares (vida e obra) e Ruta Translatio.
A páxina do concurso de videoxogos, que se lanzou a toda Galicia, é STARgal. Nela atoparedes os xogos elixidos para concursar e os centros gañadores.
Aquí vos deixamos algunha foto da xornada.
A páxina do concurso de videoxogos, que se lanzou a toda Galicia, é STARgal. Nela atoparedes os xogos elixidos para concursar e os centros gañadores.
Aquí vos deixamos algunha foto da xornada.
martes, 21 de febreiro de 2017
Comezamos a programar
O alumnado de 2º, 3º e 4º de Tecnoloxía comezou a traballar nos videoxogos sobre a Ruta Translatio. Coordinan a actividade: Javier Bao (Matemáticas), Flor Domínguez e Ana Moreiras (Tecno).
martes, 7 de febreiro de 2017
Repensando o Códice Calixtino
Xunto a un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO estamos creando unha moi personal revisión do Códice Calixtino. Partindo da historia de Anastasio e Casilda, unha parella que deciden facer a ruta Translatio, elaboramos unha guía, a modo do Libro V, onde describimos distintos aspectos dela: xentes, costumes, gastronomía, paisaxes... Toda a información pode verse cos códigos QR.


| Obradoiro códice |
mércores, 18 de xaneiro de 2017
Xa botamos a andar
Onte tivemos a nosa primeira xuntanza presencial. Nela fomos debullando os distintos microproxectos que formarán parte do noso macroProxecto-Proxecta interdisciplinar "Mirando polo Camiño". Unha mirada laica, innovadora, motivadora e integradora. Iremos dando conta de todo o proceso creativo e seguiremos a singradura de Kavafis:
[...]
Chegar alí é o teu destino.
Mais non apresures nunca a viaxe.
Mellor que dure moitos anos
e atracar, vello xa, na illa,
enriquecido de canto gañaches no camiño
sen agardar a que Itaca te enriqueza.
[...]
Mais non apresures nunca a viaxe.
Mellor que dure moitos anos
e atracar, vello xa, na illa,
enriquecido de canto gañaches no camiño
sen agardar a que Itaca te enriqueza.
[...]
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




